Hoxe abre o prazo de inscrición na Escola Municipal de Danza do Concello de Monforte

 

Monforte de Lemos, 23 de setembro de 2020. O Concello de Monforte anuncia que hoxe ven de abrir o prazo de inscrición na Escola Municipal de Danza de dito Concello para o curso 2020/21.

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, ou ben en horario de tarde entre as 17:00 e as 19:00 horas. Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace:

https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion

Todas as persoas interesadas, poderán tamén informarse no 982 40 38 93.

Dende o Concello infórmase que os/as alumnos/as terán que cumprir estritamente as normas do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 indicadas na circular informativa, que se lles entregará no momento da inscrición.

Especialidades ofertadas:

  • Danza tradicional galega (a partir de 5 anos)
  • Danza contemporánea / moderna (a partir de 9 anos)
  • Ballet clásico (a partir de 5 anos)

As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión..., atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe.

Do mesmo xeito, levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen.

Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza. Dende o Concello de Monforte inténtase desta forma consolidar, con todas estas especialidades, unha oferta ampla e variada.