Monforte de Lemos, 4 de febreiro de 2020. O Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, convoca o XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte. O Certame desenvolverase do 11 ó 28 de maio de 2020 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20:00 h.
No certame poderán participar todos os centros de ensino de Monforte de Lemos representando unha soa obra de teatro; así mesmo tamén poderán participar como invitados outras asociacións ou colectivos locais despois da correspondente petición e da aceptación por parte da Delegación Municipal de Cultura.
Inscrición e requisitos
As solicitudes de inscrición para a participación no certame presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O derradeiro día para realizar a inscrición é o 30 de marzo. A documentación que haberá que presentar é título da obra, autor, reparto, nome do director, sinopse e duración da mesma.
Todos os participantes no Certame deberán pertencer obrigatoriamente ó centro ó que representan. As obras que representen os centros de ensino terán unha duración mínima de media hora e deberán ser estreadas no certame.
XXIX Certame Municipal de Teatro
As datas da posta en escena de cada unha das obras que se presenten, serán determinadas pola Delegación Municipal de Cultura e os centros de ensino nunha reunión o 30 de marzo no Concello de Monforte de Lemos, ás 12:00 horas. En todo caso, todas as representacións das obras de teatro terán lugar no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, sempre en horario de 20:00 horas.
O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros. Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.
A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 1 de xuño ás 18:00 h.
Bases XXIX Certame Municipal Teatro Monforte 2020