O Concello de Monforte destina 18.000 euros para as axudas a libros e material escolar

Monforte de Lemos, 29 de xuño de 2020. O Concello de Monforte anuncia a apertura do prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso 2020/2021, logo de que a convocatoria e as bases destas axudas foran publicadas o pasado sábado día 27 de xuño no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello de Monforte destínase un crédito máximo de 18.000 euros. As axudas teñen como finalidade apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenta dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto da axuda.

O prazo de presentación de solicitudes será dende hoxe 29 de xuño e ata o 24 de xullo de 2020, ambos incluídos. As bases  estarán a disposición das persoas interesadas nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos, no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web do Concello a partires desa data.

Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2020/2021 en educación infantil (3-6 anos), educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

Para ser beneficiario/a desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes:

  • Ser pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno/a que no ano escolar da convocatoria correspondente vaian a cursar estudos nas etapas educativas de ensinanza indicadas nesta convocatoria, en calquera centro docente, público ou concertado, do Concello de Monforte de Lemos.
  • Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 55% IPREM para o ano 2020 (295,81€/mes) en cómputo anual (3.549,74€ ano por persoa). Para determinar a renda per cápita tomarase a renda da unidade familiar e dividirase polo número de membros da dita unidade  como a continuación se especifica:

Nº membros unidade familiar

Ingresos netos mensuais

Ingresos anuais

2

591,61

7.099,44 €

3

887,43

10.649,16 €

4

1.183,24

14.198,88 €

5

1.479,05

17.748,60 €

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Que a persoa solicitante así como os e as menores beneficiarios da mesma, se atopen empadroados e residan efectivamente no Concello de Monforte de Lemos no momento de presentación da solicitude.
  • Que a persoa solicitante estea  ó día no pago das obrigas tributarias municipais ou no caso de ter débedas que exista compromiso de pagamento.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Excepcionalmente, poderase eximir do requisito recollido no punto 2 previo informe da traballadora social de referencia  dos servizos sociais municipais que terá carácter preceptivo pero non vinculante sempre que queden acreditadas as circunstancias de dita excepcionalidade.

A contía máxima das axudas será a seguinte:

  • 150 € para Educación Infantil por cada alumno/a.
  • 100 € para Educación Primaria e por cada alumno/a.
  • 120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a.
  • 150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial de centros ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65% .

A solicitude formalizarase no formulario normalizado e irán acompañadas da documentación complementaria que requiren as bases, e todo elo poderá ser presentado no Rexistro dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos emprazado na secretaría do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n, no Rexistro Xeral do Concello, no Campo de San Antonio s/n, ou a través da Sede Electrónica municipal (www.sede.monfortedelemos.es).

Bases_Axudas_Material_Escolar_Libros_Texto_Monforte_2020-2021.pdf

Solicitude.pdf

Anexo_I_Certificado_de_situacion_escolar.pdf

Anexo_II_Declaracion_responsable.pdf

Anexo_III_Declaracion_responsable.pdf