Monforte de Lemos, 15 de agosto de 2020. Na mañá de hoxe, a Corporación Municipal encabezada polo Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat.
Xunto cos fogos de San Vicente, que terán lugar hoxe a partir das 12 da noite, estas son as dúas únicas actividades relacionadas coas Festas Patronais de Monforte que se levan a cabo este ano por mor do Covid-19. O resto de actividades propias das festas patronais foi suspendido por responsabilidade sanitaria cos veciños e veciñas de Monforte ante o Coronavirus.
Deste xeito, a comitiva oficial encabezada polo Alcalde e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, isto é, Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local, partiu ás 10:40 horas da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa da Régoa.
A tradición tamén marca que esta celebración na honra da Patroa de Monforte se celebre na igrexa de San Vicente, pero as obras de restauración que se están levando a cabo nela, fixeron que os actos litúrxicos do 15 de agosto se trasladasen á devandita igrexa da Régoa.
A chegada da comitiva oficial á igrexa da Régoa tivo lugar ás 11 horas; o párroco D. Rafael recibiu ó rexedor municipal e, tras elo, iniciouse a eucaristía na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat.
Durante a procesión posterior á misa, que tivo lugar no atrio da igrexa, levouse a cabo unha ofrenda floral reducida e acotada, co obxectivo de evitar a concentración de persoas por mor do Covid-19, na que depositaron frores, o Alcalde e a súa esposa, os membros da Corporación Municipal e a Cofraría das Camareiras da Virxe.
Tras a ofrenda e a celebración diante da Virxe de diversos bailes tradicionais ó son da música dos gaiteiros, que tamén foron protagonistas nesta celebración, a imaxe da Virxe voltou ó interior da igrexa, dándose por concluídos os actos litúrxicos na súa honra.
Os Fogos de San Vicente serán os protagonistas hoxe ás 12 da noite, e dende o Concello agárdase que veciños e visitantes poidan disfrutar deles. Neste senso, dado que estos fogos son visibles prácticamente dende calquera punto da cidade, dende o Concello recoméndase, á hora de velos, que se respeten as distancias sociais e se sigan as recomendacións das autoridades sanitarias ante o Coronavirus.