Monforte de Lemos, 5 de marzo de 2020. O Concello de Monforte informa sobre a regulación do tráfico na Dr. Teixeiro por obras que se levaran a cabo durante esta fin de semana no tramo entre o enlace coa rúa Julio Camba e a Praza de Abastos. O tráfico será debidamente ordenado a través da sinalización correspondente, a fin de propiciar o tránsito de vehículos de forma axeitada.
As obras consistirán na corrección de baches existentes na rúa Dr. Teixeiro, propiciados polo afundimento dalgúns adoquíns en dita calzada. Deste xeito, os traballos consistirán no levantamento dos adoquíns afundidos ou deteriorados, que serán nivelados co resto da calzada, que é de pedra. Deste xeito, rematados os traballos, a rúa volverá a contar cun firme axeitado para o correcto tránsito de vehículos.
Estes traballos levaranse a cabo durante esta fin de semana en dúas fases.
O sábado día 7 pola tarde, as obras acometarán o tramo correspondente entre o inicio da rúa Ricardo Quiroga e a Praza de Abastos, quedando o tráfico nese caso aberto por Julio Camba, con subida por Ricardo Quiroga, e baixada por Praza de España e rúa Bailén para acceder á Praza de Abastos e á rúa Inés de Castro.
A continuación, o domingo día 8 pola mañá, farase a parte correspondente ó tramo entre o enlace da rúa Julio Camba e Ricardo Quiroga, e nese caso cortarase o tráfico na entrada á rúa Julio Camba dende a rúa Roberto Baamonde, facendo o acceso á Praza de Abastos e rúas colindantes pola rúa Corna e pola rúa Real-Campo da Virxe e Santo Domingo-Praza de España.
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.