Monforte de Lemos, 02 de setembro de 2020. O Concello de Monforte informa sobre o corte de tráfico de vehículos que se levará a cabo mañá día 3 de setembro pola mañá na rúa Doutor Fleming, debido ós traballos que ten que levar a cabo en dita rúa, a empresa FCC Aqualia.
En concreto, o tramo de vía que será cortado será dende o número 1 da rúa Doutor Fleming ata o cruce coa vía que transcorre paralela á vía do tren. O corte levarase a cabo dende as 9 da mañá e ata o remate dos traballos.
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.