Monforte de Lemos, 21 de agosto de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de comunicar o reforzo da presencia de efectivos da Policía Local na cidade, mediante o servizo de dobre patrulla, de cara a garantir o cumprimento das medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias ante o Coronavirus.
“Puxemos en marcha esta medida de reforzo”, sinala o Alcalde, “debido en primeiro lugar ó brote de positivos por Covid-19 que se está a producir dende hai uns días na nosa cidade, e en segundo lugar porque ó ser esta a última fin de semana de agosto, na que as previsións meteorolóxicas son boas, prevemos unha alta mobilidade de persoas, polo que é necesario velar pola seguridade de todos e para evitar a propagación do virus.”
Este reforzo entrará en vigor dende a noite de hoxe e ata o vindeiro luns 24 de agosto ás 8 da mañá.
Neste senso, o cometido da Policía Local será velar polo cumprimento das medidas sanitaria establecidas ante o Covid-19 polas autoridades sanitarias, en especial o que atinxe ó uso obrigatorio de mascarillas, o mantemento das distancias interpersoais, o cumprimento de aforo máximo permitido en establecementos de hostalería, terrazas, comercio e ocio, así como no que se refire a evitar a aglomeración de persoas.
Neste senso, o Alcalde pide a todos os monfortinos e monfortinas “que colaboren con nós cumprindo coas normas que ante esta pandemia estableceron as autoridades sanitarias: limpeza exhaustiva de mans, uso sempre da mascarilla, evitar as aglomeracións e manter a distancia social.”