Monforte de Lemos, 5 de xuño de 2020. O Concello de Monforte sumouse hoxe venres ó minuto de silencio convocado a nivel estatal, por ser o último dos dez días de loito oficial establecidos o 26 de maio polo Consello de Ministros a través do Real Decreto 538/2020, no que se declarou loito oficial polos falecidos como consecuencia da pandemia COVID-19. Deste xeito, ás 0:00 horas do 6 de xuño finalizará este período de 10 días de loito oficial.
Neste minuto de silencio, que se celebrou diante da fachada principal da Casa Consistorial ás 12:00 horas, participaron diversos membros do Equipo de Goberno Municipal, encabezados pola 1º Tenente de Alcalde, Gloria Prada, así como traballadores do propio Concello monfortino.
Durante este período e tal como estableceu o Real Decreto, as bandeiras da Casa do Concello ondearon a media hasta.