Monforte de Lemos, 30 de marzo de 2020. O Concello de Monforte informa dunha avaría no subministro da rede de augas no lugar de Campelo, parroquia de Caneda. En concreto a avaría afecta as parroquias de:
- Caneda
- Santa Mariña do Monte
- A Penela
- Nocedas
- Gullade
Os operarios de Aqualia están traballando xa na súa reparación e para poder habilitar o servizo e que os veciños volvan a contar co subministro de auga o antes posible, o cal se agarda sexa nas vindeiras horas.
Desde o Concello pregamos disculpas polas molestias e contratempos que esta avaría poida causarlle ós veciños e veciñas afectados.