Monforte de Lemos, 29 de setembro de 2020. O pasado venres 25 de setembro finalizou o prazo para presentar a solicitude de participación no programa de Escolas Deportivas Municipais curso 2020-2021 do Concello de Monforte.
Unha vez feita a revisión da documentación presentada polas persoas interesadas en participar, o Concello da a coñecer o listado de admitidos e admitidas, que está publicado ó pé desta información.
A oferta que dende o Concello de Monforte se fixo para o programa de escolas deportivas do curso 2020 – 2021 segue a mesma liña que o de anos anteriores modificando unicamente o número de pazas ofertadas por grupo co fin de adaptarse á nova situación ocasionada pola pandemia do COVID-19.
No momento do peche das inscricións a porcentaxe de prazas cubertas sitúase no 71 %, de xeito que aínda quedan as seguintes prazas dispoñibles:
Modalidades de adultos/as:
MODALIDADE/GRUPO |
PRAZAS DISPOÑIBLES |
Ioga luns – mércores de 16:15 a 17:15 h. |
1 |
Ioga luns - mércores de 17:15 a 18:15 h. |
2 |
Ximnasia de mantemento X. Lemos |
10 |
Ximnasia de mantemento X. Neka |
12 |
Zumba |
3 |
Tai Chi |
5 |
Modalidades de nenos/as:
MODALIDADE/GRUPO |
PRAZAS DISPOÑIBLES |
Pádel |
6 |
Golf |
10 |
Kung Fu |
4 |
Zumba Kids |
4 |
Todas as persoas interesadas en matricularse nalgunha das prazas que quedan dispoñibles poderano facer presentando a documentación requirida no rexistro do Concello.
A actividade das escolas deportivas municipais curso 2020 – 2021 dará comezo o vindeiro luns 5 de outubro.
Protocolo de prevención ante o COVID-19
Todas as actividades contarán coas medidas preventivas fronte ao COVID-19 ditadas en cada momento polas autoridade sanitarias.
A actividade deportiva de cada unha das modalidades ofertadas estará suxeita aos seguintes criterios xerais de uso:
- En todas as instalacións deportivas se establecerán as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal.
- Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.
- As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para ese fin.
- Antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans cos xeles desinfectantes que estarán dispoñibles nos espazos habilitados para o efecto.
- Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros, excepto durante a realización da actividade deportiva e sempre e cando se manteña a distancia de seguridade interpersoal. Cando o deportista non utilice a máscara é importante gardala axeitadamente para evitar que contamine ou se contamine.
Estes criterios xerais de uso son susceptibles de modificacións en función das normas que se vaian ditando en cada momento polas autoridades sanitarias.
LISTADO DE ADMITIDOS/AS: Listado admitidos Escolas Deportivas Municipais Monforte 2020-2021