Monforte de Lemos, 10 de febreiro de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu hoxe, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Eduardo Iglesias, piloto monfortino de motos que participou na última edición do ralli Dakar, disputado en Arabia do 5 ó 17 de xaneiro.
Nunha conversa distendida co Alcalde, o piloto fíxolle partícipe da súa experiencia na dura competición que se desenvolveu o pasado mes de xaneiro, na que Iglesias logrou non só concluír a competición, senón tamén rematar por debaixo do top 100, concretamente no posto 94.
O rexidor municipal fíxolle entrega dun trofeo conmemorativo, unha réplica da Torre da Homenaxe da cidade, mentres que o piloto monfortino obsequiouno cunha camisola oficial co seu dorsal, o 154.