A Piscina Municipal de Monforte volve a ofertar actividades para o segundo trimestre do ano

Monforte de Lemos, 13 de marzo de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que “co obxectivo de ir recuperando a normalidade na práctica deportiva, neste caso no que se refire á Piscina Climatizada Municipal, imos ofertar cursos de natación durante o segundo trimestre do ano 2021. Trátase dunha oferta adaptada á situación de pandemia na que nos atopamos que vai a contar cun protocolo específico para que a actividade sexa totalmente segura”.

O programa está dirixido a nenos/as e adultos/as nos niveis de iniciación e perfeccionamento e desenvolveranse en horarios de mañá e de tarde. O prazo de inscrición comezará o mércores 17 de marzo e o inicio dos cursos está previsto para o luns 5 de abril.

Do mesmo xeito, o rexedor municipal tamén salientou que dado que a Piscina permaneceu pechada, para a práctica deportiva non federada, “entre o 27 de xaneiro e o 25 de febreiro de 2021, o Concello non liquidará os recibos correspondentes á prestación do servizo durante o mes de febreiro, beneficiando así as familias e persoas usuarias deste servizo municipal”.

A oferta de cursos contará cun amplo abano de posibilidades adaptadas a públicos de todos os tramos de idade.

Cursos Infantis

Dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos:

  • Infantil I: luns e mércores de 17:45 a 18:30 h.
  • Infantil II: martes e xoves de 17:45 a 18:30 h.
  • Infantil I: luns e mércores de 18:30 a 19:15 h.

Cursos Nenos

Dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos:

  • Nenos I: martes e xoves de 18:30 a 19:15 h.
  • Nenos II: martes e xoves de 19:15 a 20:00 h.

Cursos Bebes

Dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 meses e os 2 anos:

  • Bebés: luns e mércores de 19:15 a 20:00 h.

Cursos a partir de 16 anos

  • Iniciación: luns e mércores de 8:00 a 8:45 h. 
  • Perfeccionamento: martes e xoves de 8:00 a 8:45 h.
  • Iniciación: martes e xoves de 9:15 a 10:00 h.
  • Perfeccionamento: luns e mércores de 9:15 a 10:00 h.
  • Iniciación: luns e mércores de 20:30 a 21:15 h.
  • Perfeccionamento: martes e xoves de 20:30 a 21:15 h.

Custe dos cursos

A taxa establecida para os cursos de natación ofertados é a seguinte:

TARIFA TRIMESTRAL

 

ABONADO

NON ABONADO

CURSOS INFANTIL

27,89 €

55,80 €

CURSOS NENOS

26,25 €

52,49 €

CURSOS BEBES

35,96 €

71,92 €

CURSOS A PARTIR DE 16 ANOS

35,96 €

71,92 €

 

Prazos de inscrición e incio da actividade

O prazo de inscrición comezará o mércores 17 de marzo e o inicio dos cursos está previsto para o luns 5 de abril.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgún dos cursos ofertados ou en recibir máis información poderano facer acudindo ás instalacións da Piscina Climatizada Municipal ou ben a través do teléfono 982402646

Protocolo Anticovid

Os cursos de natación contarán cun protocolo específico de prevención do contaxio por COVID-19, que sumado ao protocolo xa existente de uso das instalacións fai que a práctica da actividade deportiva na Piscina Municipal sexa totalmente segura.

O protocolo específico dos curso de natación inclúen as seguintes premisas:

  • Cada grupo estará formado por un máximo de catro alumnos/as.
  • A organización das clases farase tendo en conta a necesidade de distanciamento social de 1,5 metros entre persoas.
  • O material didáctico que se utilice en cada sesión estará previamente desinfectado. Durante a clase non se poderá compartir o material entre os/as alumnos/as.
  • As clases terán unha duración de 45 minutos.
  • Os/as alumnos/as poderán acceder ao vestiario, como máximo 15 minutos antes do inicio da clase.
  • No vestiario non se pode deixar ningún tipo de material nos bancos ou perchas, é obrigatorio a utilización dos armarios garda roupa.
  • A estancia no interior dos vestiarios deberá ser durante o menor tempo posible.
  • No interior do recinto de piscinas habilitarase unha zona de espera á que deberán dirixirse todos/as os/as alumnos/as unha vez saen do vestiario e ata que comece o curso.
  • É obrigatorio o uso de máscara a excepción do momento no que se acceda ao vaso. Cada alumno/a deberá levar unha bolsa de plástico ou similar na que depositar a máscara no momento de acceso á auga.
  • As persoas acompañantes dos/as alumnos/as poderán acceder ao vestiario o tempo imprescindible. Unha vez que o/a alumno/a accede ao curso a persoa acompañante deberá agardar no exterior da instalación.

Ademais todas as persoas matriculadas deberán asinar unha declaración responsable en relación co cumprimento dos protocolos e medidas anticovid.