Monforte de Lemos, 25 de febreiro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de informar da sentenza favorable ó Concello de Monforte de Lemos ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo Nº 1 de Lugo en relación coa reclamación interposta por M.R.L. a raíz dunha caída sufrida na rúa Compañía en abril do ano 2018. A vista na que se fallou a favor do Concello, celebrouse o pasado 5 de febreiro de 2021.
A persoa demandante recorreu ó Concencioso Administrativo tras o Acordo de inadmisión a trámite da Xunta de Goberno Local do Concello de Monforte de data 27 de xaneiro de 2020, en resposta á reclamación por responsabilidade patrimonial interposta por M.R.L. contra o Concello por caída na vía pública, en concreto, a rúa Compañía. A tal efecto, esta persoa pedía unha indemnización ó Concello de 17.660 euros.
En concreto, o sinistro polo que se interpuxo a demanda contra o Concello acaeceu o 13 de abril de 2018, cando M.R.L. ía camiñando pola rúa Compañía, á altura do nº 2, “cando ó cruzar o paso de peóns caeu ó chan por culpa do mal estado da vía, concretamente por un resalte de estaba situado máis ou menos no centro do paso de peóns, sufrindo como consecuencia de dita caída unha serie de lesións en xeonllo dereito e ombreiro dereito, de devanditos feitos foron testemuñas varias persoas”.
Ó lugar dos feitos acudiu unha patrulla da policía local que elaborou un informe e sacou fotografías do lugar dos feitos, e chamou ó 112 para que enviasen unha ambulancia, a cal trasladouna ó hospital comarcal.
Sentencia desestimatoria, favorable ó Concello de Monforte
Dende o Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo considerouse probada a caída na vía pública da persoa demandante, xa que a Policía Local de Monforte foi avisada do suceso, e tamén existe un parte de urxencias do hospital comarcal.
Pero, tal e como indica a sentencia, “la reclamación –presentada por la lesionada el 22 de noviembre de 2019- fue desestimada expresamente en sede administrativa porque el nexo causal entre el suceso narrado y el funcionamiento del servicio público municipal se reputaba inexistente. En particular, se argumenta en la resolución que tal y como consta en el informe del servicio de obras del 13/12/2019 hace años se realizó una actuación para corregir el resalte existente en el paso de peatones donde se cayó la recurrente, de modo que fue eliminado”.
O motivo principal que supuxo para o Contencioso-Administrativo a desestimación desta demanda contra o Concello foi a “inexistencia de nexo causal” xa que, “el obstáculo que la reclamante califica como causante de su caída no alcanza la relevancia o peligrosidad necesaria para servir de nexo causal entre la caída que nos ocupa y los daños causados por esta y el normal o anormal funcionamiento de los servicios públicos”.
A sentencia conclúe que “nos encontramos ante una levísima irregularidad en el pavimento y ante un desgraciado resultado lesivo, pero no existe ningún funcionamiento anormal del servicio público, por cuanto esa irregularidad debe poder ser salvada en el deambular normal de los viandantes. Prueba de ello es que, tratándose de una calle asiduamente transitada en esa localidad no se tiene noticia (no consta) de otros accidentes ocurridos en el mismo punto”.
Dende o Concello, laméntanse as lesións que esta persoa puidera sufrir a raís deste tropezo fortuíto e desafortunado, e agárdase que non se produzan máis caídas deste tipo.
Pero tamén destácase que a xustiza lle dera a razón ó Concello, porque non todas as caídas que se producen son imputables ó mal estado das rúas.