O Concello informa dunha avaría na rede de subministro de auga na estrada LU-P0901

Monforte de Lemos, 2 de novembro de 2021. O Concello de Monforte informa que se ven de producir unha avaría na rede de subministro de auga na estrada LU-P0901, á altura do quilómetro 10,250, na marxe esquerda.

A avaría afecta ás parroquias de Seoane, Baamorto, San Xoan de Tor, San Xulián de Tor e Moreda.

Nestes momentos, a avaría está sendo reparada e espérase que o servizo poida ser restablecido o antes posible.

Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños das parroquias afectadas e rogamos desculpen as molestias que esta avaría poida ocasionar.