Monforte de Lemos, 26 de novembro de 2020. Na mañá de hoxe, e dentro das actividades organizadas pola Concellería de Muller e Xuventude co gallo do 25-N, o Centro Cívico de Monforte acolleu a celebración dunha nova sesión da Mesa de Coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero, a cal ten como finalidade garantir, fomentar e implementar accións e formulas preventivas xunto cunha atención integral de calidade ás vítimas.
Esta mesa está composta por profesionais de toda a comarca de Lemos que pertencen a distintas áreas de intervención: Social, Educativa, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Xustiza, Colexio de Avogados, Sanitarios,…
Todas as reunións da Mesa de traballo inicianse cunha sesión formativa que, nesta ocasión, versou sobre a “As manifestacións da violencia de xénero. Normativa aplicable” e foi impartida en liña por María Paz Filgueira Paz, Maxistrada especialista en violencia de xénero.
María Paz Filgueira estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e leva 20 anos na carreira xudicial. O seu primeiro destino foi Lalin, despois Ferrol, e tras elo pasou polo xulgado de social de Santiago de Compostela, e estivo 9 anos destinada no xulgado de Violencia sobre a Muller exclusivo de Vigo.
É membro de Xuízas e Xuíces para a Democracia, e coordinadora da Comisión de violencia de Xénero dentro de dita asociación. Membro da comisión de estudos feministas do Consello da Cultura galega.
Colabora coa administración pública autonómica para a formación en materia de violencia e de igualdade, tanto a funcionarios como a axentes de autoridade.
Colabora tamén en xornadas relacionadas coa violencia de xénero, así como temas de igualdade en xeral, e con proxectos europeos sobre violencia sobre a muller e igualdade de trato así como proxecto sobre prevención da trata de persoas con fins de explotación sexual.