COMUNICADO OFICIAL do Concello de Monforte sobre chamadas para realizar análises de auga na cidade
Monforte de Lemos, 8 de abril de 2021.
Ante as chamadas recibidas no día de hoxe por varios veciños de Monforte, nas que a persoa que efectúa as chamadas se identifica como da empresa “Hidroking”, e nas que se ofrece realizar unha análise de auga nas casas, “alegando que a auga de Monforte se atopa en moi mal estado”, e habendo comunicado ditos veciños ó Concello tales circunstancias.
O Concello de Monforte de Lemos comunica que:
-O Concello non encargou a ningunha empresa este servizo de análise de auga.
-A auga do Concello de Monforte está en perfectas condicións para o uso e consumo humano.
-O Concello recomenda ós veciños que reciban estas chamadas, que non fagan caso deste presunto fraude e que o poñan en coñecemento da Policía Nacional.