Monforte de Lemos, 21 de decembro de 2021. A Coral Polifónica do Concello de Monforte protagonizará o tradicional Concerto de Nadal, que supón ano tras ano unha cita ineludible e moi querida polos monfortinos e monfortinas dentro da programación do Nadal.
Deste xeito, o concerto será este mércores 22 de decembro ás 20:15 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación.
A entrega de invitacións será dende as 19:15 na Casa da Cultura, e a entrada ó salón de actos realizarase ás 20 horas.
PROGRAMA
1º – Signore delle cime, de Giuseppe de Marzi.
2º – Meu pequeniño, de Manuel Pérez Fanego.
3º – Cantata BWV 147, de Johann Sebastian Bach.
4º – Lascia ch’io pianga, de Georg Friedrich Haendel.
5º – Ave María, de Giulio Caccini.
6º – En la más fría noche, de James E. Spilman.
7º – Oh luz de Dios, de Popular Alemana.
8º – Deanolo Señora, de Celada Alonso.
Piano/órgano: María Quiroga Álvarez.