Monforte de Lemos, 21 de setembro de 2021. Monforte acolle este xoves, 23 de setembro, unha actividade cultural dirixida especialmente os máis pequenos da casa pero pensada tamén para os pais e nais.
O mago Deimi trae ata o salón de actos da Casa da Cultura o seu espectáculo pensado para toda a familia, a partir das 6 da tarde (18 h.)
Esta actividade forma parte do programa “Ler conta moito 2021”, organizado polo Concello de Monforte e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
A entrada a esta actuvidade é gratuita ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria ante o Covid-19 no momento da actuación.