Monforte de Lemos, 25 de maio de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou o novo novo tractor segadora do Concello destinado a facilitar os traballos de desbroce e corte de céspede das brigadas municipais de medio ambiente. No acto estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, así como polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada.
Este novo vehículo municipal para o departamento de medio ambiente foi adquirido polo Concello á empresa monfortina Agrícola Pérez por un importe de 17.800 euros (ive engadido).
“Con este novo vehículo”, destacou o Alcalde, “facilitamos ó noso persoal de servizos e de medio ambiente a realización dos traballos de sega, corte de céspede ou desbroce a través dun noco tractor segadora da marca New Holland, que está equipado cunha plataforma de corte e cun cargador frontal con cazo.”
Especificacións técnicas do novo tractor segadora
O novo vehículo adquirido polo Concello, que é o modelo BoomerTM 25 Compact da marca New Holland, é un tractor compacto, resistente, e versátil preparado para desenvolver tarefas relacionadas co paisaxismo, a xardinería e os labores de mantemento dos espazos públicos axardinados. Polo seu tamaño compacto, é fácil de manexar e manobrar para evitar obstáculos e desenvolverse en espazos reducidos, o cal permite traballar con eficiencia e custos reducidos.
Como características principais, podemos sinalar:
- Transmisión ás catro rodas (tracción total): A tracción total de accionamiento mecánico estándar do vehículo permite superar todas as dificultades, especialmente en terreos esvaradizos e húmidos. Coa dirección asistida de serie e a capacidade de xiros pechados co eixe de tracción total, facilita as manobras en espazos limitados e ata coa pala cargada.
- Segadora ventral: A segadora ventral 160GMS é de moi fácil axuste e desacople. Cun ancho de corte operativo 1520 mm e descarga lateral, consegue unha excelente capacidade de traballo.
- Pala frontal: A pala 105LC, con autonivelante mecánico e un deseño compacto, é de fácil axuste e desacople. Conta cunha capacidade para cargar ata 455 kg, un alcance de 1830 mm e un rápido axuste de cazo tipo minicargadora.
- Maior caudal hidráulico, que aporta unha eficiente labor cos apeiros: conta cun sólido sistema hidráulico de dobre bomba, sendo a bomba principal de 17,4 L/min para elevador e implementos. O elevador traseiro conta cunha capacidade de elevación de 450 kg, podendo accionar equipos pesados como segadoras de corte, conos de abonado ou sementadora de céspede. Unha bomba de dirección independente de 8 L/min asegura un tacto suave e preciso para realizar manobras sen esforzo algún.
- Transmisión hidrostática de 2 gamas: Ofrece opcións de velocidade infinitas para adecuala ás necesidades do traballo. Os pedais de avance e marcha atrás están revestidos de goma antideslizante, codificados con cores, e teñen gravada a dirección de desprazamento para que os seus movementos sexan sempre seguros. Conta cun control de cruceiro estándar para facilitar a sega máis cómoda e descansada de grandes superficies.
- Asento e centro de control: Conta cun asento ergonómico cun respaldo axustable elevado e cómodo. O taboleiro de instrumentos, moderno e semellante ó dos coches, mantén sempre informado ó operario. O sistema de control conta con panca de gamas da transmisión, conexión da 4WD, TDF e controis do elevador.
- Potencia de carga e segado: O tractor é compatible coa normativa de emisións Fase V, e conta cun motor diésel de 3 cilindros con aspiración natural, robusto, fiable e eficiente, que ofrece 25 CV a 3000 rpm, máis que suficiente para levar a cabo as tarefas máis esixentes. O depósito de combustible de 25 L con gran boca de enchido permite realizar máis tarefas entre cada unha das súas repostaxes.