Monforte de Lemos, 8 de xullo de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente Alcalde e Concelleira de Facenda, Réxime Interior, Servizos Sociais e Discapacidade, Gloria Prada, recibiu ós 4 axentes auxiliares da Policía Local que veñen de incorporarse ó servizo na cidade do Cabe ata finais deste ano 2021.
Nesta primeira toma de contacto, o Alcalde aproveitou para departir cos 4 axentes auxiliares sobre o funcionamento do corpo da Policía Local e outros aspectos relacionados coas súas funcións ó servizo dos cidadáns do conxunto do Concello.
O rexedor monfortino recordoulles a súa responsabilidade como traballadores públicos dunha institución como é o Concello, e na que o servizo e o trato axeitado cos cidadáns son cometidos fundamentais no seu día a día.
Os catro auxiliares proceden todos da provincia de Lugo e, en concreto, dos concellos de Lugo, O Páramo, Chantada e Monforte.