O Concello da a coñecer a súa programación teatral en Monforte para o primeiro trimestre de 2021

Monforte de Lemos, 12 de xaneiro de 2021. O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte para o ano 2021.

No primeiro semestre deste ano teremos a oportunidade de asistir a cinco representacións de compañías profesionais dirixidas ó público adulto e representaranse entre os meses de xaneiro e abril.

Así, a participación do Concello na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:

Programación para público Adulto:

  • O mozo da última fila de Redrum Teatro, o xoves 28 de xaneiro.
  • O mel non caduca de Ibuprofeno Teatro, o xoves 25 de febreiro.    
  • Macbeth. O ruído e a furia de Estudo Momento, o xoves 11 de marzo.  
  • Feminíssimas da Compañía De Ste Xeito Prod., o xoves 25 de marzo.  
  • A lingua das bolboretas da Compañía Sarabela Teatro, o xoves 22 de abril.  

Todas as representacións da rede de Teatros e Auditorios levaranse a cabo no Edificio Multiusos ás 20:15 h. O prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados, e a súa venda realizarase dende ás 19:15 horas.

O Alcalde, José Tomé Roca, “anima ós monfortinos e monfortinas a que acudan a disfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o primeiro semestre deste ano, e que o fagan coa seguridade de que se atoparán coas medidas necesarias para garantir a súa seguridade ante a Covid-19, tal e como viñemos facendo no último trimestre do ano pasado”.

 

Protocolo ante o Covid-19

Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de xaneiro a abril do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante o Covid-19:

  • É obrigatorio o uso de máscaras de protección e utilizar a solución hidroalcohólica para o lavado de mans.
  • E necesario gardar a distancia social de seguridade.
  • A capacidade do local dependerá da situación sanitaria no momento de cada actuación.
  • A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
  • A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
  • Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
  • Non se tomará asento ata que o acomodador indique o seu sitio a cada persoa.