Monforte de Lemos, 3 de febreiro de 2021. O Concello de Monforte súmase mañá xoves día 4 de febreiro os actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro.
Para elo, como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas pola enfermidade do cancro, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou que na noite do xoves 4 de febreiro procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde.
Cada ano, o 4 de febreiro celébrase o Día Mundial contra o Cancro como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade. Deste xeito, o obxectivo desta conmemoración é concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade.
Neste senso, o Alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois cancro é unha enfermidade que desgraciadamente está moi estendida na nosa sociedade”.
O cancro pódese considerar como o problema sanitario, social e económico máis importante que ten o noso país. Cada ano diagnostícanse en España en torno a 275.000 casos novos e existen ao redor de 1,5 millóns de persoas afectadas por esta enfermidade.
Por esta razón, o Concello de Monforte sumarse ó chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro.