Monforte de Lemos, 10 de maio de 2021. O Concello de Monforte informa que o vindeiro mércores 12 de maio levarase a cabo un corte no subministro de auga que afectará á Praza de España e á rúa Comercio.
O motivo do corte de auga, que corre a cargo da concesionaria Aqualia, é para levar a cabo a substitución dunha válvula avariada na tubaxe de auga.
O corte iniciarase ás 4 da tarde (16:00 horas) e será restablecido en cando rematen os traballos de substitución da citada válvula, nun tempo estimado entre 2 e 3 horas.
Dende o Concello agradécese a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.