Monforte de Lemos, 9 de xullo de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar o inicio das obras de reparación da pérgola do Parque dos Condes, logo de que o pasado mes de xuño, durante os traballos de limpeza da lagoa do parque, un camión da empresa encargada de ditos traballos danara a súa estrutura.
O Alcalde sinala que ““esta obra de reparación da pérgola do Parque dos Condes, que ven de dar comezo no día de hoxe, será cuberta polo seguro da empresa encargada das obras de limpeza da lagoa do parque, e agardamos que estea rematada nos vindeiros días, debido a que esta zona conta con moitos visitantes nesta época do ano.”
As actuacións de reparación da pérgola, que suporá a reposición de varias columnas danadas, serán desenvoltas pola empresa monfortina Mármores e Granitos Grande, polo que durante o desenvolvemento dos traballos, a zona da pérgola danada estará pechada para o tránsito dos viandantes.