Monforte de Lemos, 18 de marzo de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a adxudicación hoxe da obra de renovación do suelo continuo do parque infantil que ubicado na rúa Santiago, debido ó deterioro no que se atopaba dita superficie.
Esta obra de mellora foi adxudicada á empresa Jardincelas por un importe de 10.991,64 euros, e terá un prazo de 3 meses para levala a cabo.
“Ante o estado de deterioro no que se atopaba o chan do parque infantil ubicado na rúa Santiago, dende o Equipo de Goberno decidimos acometer esta obra de mellora para que os nenos e nenas usuarios de dito parque, podan disfrutar do mesmo con comodidade e seguridade”, destacou o Alcalde.
Deste xeito, os traballos consistirán na instalación dun suelo continuo de caucho, con un espesor de entre 340 e 60 mm, segundo a normativa vixente, e sobre unha superficie de 150 m2.
Unha vez adxudicada a obra, está previsto que os traballos comecen nos vindeiros días, para o cal procederase ó peche do parque infantil.