Monforte de Lemos, 13 de decembro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asinou na mañá de hoxe a acta de toma de posesión de Miguel Martínez Díaz da praza e posto de Inspector do corpo de Policía Local de Monforte de Lemos.
Deste xeito, Miguel Martínez adquire a condición de funcionario de carreira da escala executiva da Policía Local, na categoría de Inspector, subgrupo A2, na escala de administración especial para o que foi nomeado por Decreto de Alcaldía do 10 de decembro de 2021.
Previamente, Miguel Martínez superou o concurso-oposición convocado polo Concello así como o correspondente curso de capacitación na Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada.
Acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde e Concelleira de Réxime Interior, Gloria Prada e o Secretario do Concello, José Antonio Mourelle Cillero, o Alcalde aproveitou tamén este acto de toma de posesión para departir co novo Inspector da Policía Local sobre diversos aspectos relacionados coas súas funcións na cidade e no conxunto do Concello.
E tamén felicitouno en nome de todos os monfortinos e monfortinas e lle desexou moita sorte nesta nova etapa ó servizo dos cidadáns de Monforte.