O Concello de Monforte súmase mañá ó Día Mundial do Ril iluminando de granate a Torre da Homenaxe

Monforte de Lemos, 9 de marzo de 2022.  O Concello de Monforte súmase mañá xoves 10 de marzo ó Día Mundial do Ril, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor granate, que é a cor que ten este órgano.

Desde o ano 2006 vénse celebrando o Día Mundial do Ril, unha efeméride instaurada pola Sociedade Internacional de Nefroloxía (ISN) e a Federación Internacional de Fundacións Renais (IFKF), ás que se suman outro conxunto de organizacións da saúde e especialistas no área de diálise e outros tratamentos para os riles.

O 10% da poboación mundial sofre dalgunha enfermidade renal crónica, pero non adoitan darse conta ata que o problema xa se atopa bastante avanzado e os únicos camiños que lles quedan por transitar é a diálisis ou un trasplante de riñón.

Por iso, sinala o Alcalde, José Tomé Roca, o noso obxectivo ó sumarnos a esta iniciativa é “xerar conciencia entre todos os monfortinos e monfortinas que poidan detectar calquera padecemento nos riles de forma precoz, xa que os riles son o gran filtro do corpo que axuda a desbotar todas as toxinas que producimos ou inxerimos, por medio da ouriña. Se este filtro non funciona ou se obstrúe, pode levar a unha intoxicación que en certos niveis pode chegar a ser letal”.

Ter uns riles enfermos tamén aumenta as posibilidades de sufrir infartos de miocardio e accidentes cerebro vasculares, dado que o sangue permanecerá sucia, ben sexa por exceso de colesterol, é dicir graxa, ou calquera outro tipo de sedimentos que non foron drenados por medio da ouriña.

Detectar calquera mal funcionamento nos riles é moi sinxelo, porque só basta con facer unha simple análise de sangue e de ouriña.

#DíaMundialdelRiñón #WorldKidneyDay #DMR22