Monforte de Lemos, 21 de xuño de 2022. O Concello informa que dende hoxe martes 21 de xuño todas as entidades deportivas e clubs de Monforte poderán cursar a súa petición para solicitar o uso de Instalacións Deportivas Municipais durante a tempada 2022-2023.
En particular poderán presentar solicitude:
- Asociacións deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar durante a tempada 2022-2023.
- Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que participen nalgún tipo de competición deportiva durante a tempada 2022-2023 organizada por algunha das Federacións Deportivas Galegas ou Españolas.
- Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que organicen algunha actividade non oficial dirixida á promoción do deporte e a actividade física e recreativa entre os cidadáns durante a tempada 2022-2023.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es sendo o derradeiro día para a presentación o 6 de xullo de 2022.
Todos os clubs interesados na solicitude de instalacións deportivas para a tempada deberán presentar a documentación requirida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos.
Tanto as bases da convocatoria como o uso das instalacións deportivas está regulado polo Regulamento de uso, reserva e aluguer de Instalacións Deportivas Municipais do Concello de Monforte que foi publicado no BOP Nº 190 do xoves 20 de agosto de 2020.
Documentos de interese para descarga:
Bases Solicitude Instalacións Deportivas 2022-2023
Instrucións para presentar a solicitude
Anexo 1 Impreso Solicitude Instalación Deportivas Monforte Tempada 2022-2023