O Alcalde ordenou a retirada do silo de xiz (yeso) da rúa Ferrol, que se levou a cabo na mañá de hoxe

Monforte de Lemos, 5 de abril de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de informar que “tras a retirada da grúa o pasado xoves 31 de marzo da rúa Ferrol, na mañá de hoxe, arredor da unha do mediodía, procedeuse a retirar o silo de xiz de dita rúa, tal e como ordenei a pasada semana”.

Cúmprese así o mandato do Alcalde, en acordo adoptado en Xunta de Goberno o pasado 21 de marzo, no que o rexedor municipal ordenaba tanto a retirada da grúa como do silo de xiz que a empresa Otero Aldao SL mantiña na rúa Ferrol dende 2013.

A grúa fora instalada nos números 14 e 15 da rúa Ferrol pola empresa Otero Aldao SL, que en setembro de 2007 solicitara ó Concello unha licencia para acometer a construción dun edificio.

Antecedentes

A Xunta de Goberno Local de Monforte, con data 27 de setembro de 2007, adoptou o acordo de concesión de licenza á empresa Otero Aldao SL para a construción dun edificio composto de sótano, pranta baixa, tres prantas altas, ático e baixo cuberta para 23 vivendas na rúa Ferrol, nos números 14 e 15.

O 30 de maio de 2013, logo dun informe evacuado polos axentes da cidadanía no que daban conta da existencia dunha grúa sen licenza de instalación no número 13 da rúa Ferrol e que podía supoñer un “perigo para a seguridade das persoas e cousas”, a Xunta de Goberno Local acordou incoar expediente contra dita empresa para a retirada da grúa. E o 25 de outubro dese mesmo ano volvíaselle requirir a retirada de dita grúa, ante o que a empresa presentou alegacións, o 21 de xuño de 2013. O informe de Secretaría incidía en que “das alegacións presentadas despréndese que non existiu acordo algún de concesión da licencia de grúa”.

En novembro de 2016, o Concello acorda prorrogar a licencia da obra por 3 anos, prazo que remata en novembro de 2019, e nese período a empresa tampouco tramita a solicitude de licencia de instalación da grúa, para dar cumprimento ó acordo da Xunta de Goberno de data 25 de outubro de 2013. No informe presentado por entón polo Xefe dos Servizos á cidadanía indicaba que a grúa foi “desmontada e hoxe na actualidade encontrase no mesmo lugar en dúas pezas sen actividade, con un depósito de yesos e nunha situación de abandono e deterioro importantes”.

Logo do acordo tomado pola Xunta de Goberno do 21 de marzo de 2022, no que o Alcalde instaba a proceder á execución subsidiaria da retirada da grúa e elementos anexos á mesma, é dicir, o silo de xiz, se a empresa Otero Aldao SL non os retiraba, finalmente hoxe foi retirado o último dos elementos, cumprindo así co mandato do Alcalde.