Monforte de Lemos, 10 de outubro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, na mañá de hoxe deulle a benvida en recepción oficial ó novo Subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, Juan José Fernández Arrojo.
No transcurso da recepción, o mandatario monfortino felicitou a Fernández Arrojo pola súa nova responsabilidade e ambos amosaron a vontade de colaboración e compromiso coa cidade nesta nova etapa.
O encontro serviu tamén para abordar diversos proxectos que ambas institucións desenvolverán en Monforte ó longo dos vindeiros meses, como unha exposición sobre o exército, que terá lugar no próximo mes de novembro, así coma un concerto de bandas militares e unha xura de bandeira, no próximo ano, que se irá concretando en próximas reunións de traballo.