A Concelleira de Cultura inaugura o Belén que acolle a Casa da Cultura de Monforte este Nadal

Monforte de Lemos, 16 de decembro de 2022. A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, inaugurou o Belén do Concello de Monforte deste Nadal, que foi elaborado polo artista J. Antonio Dávila, quen estivo tamén presente en dito acto.

O Belén, que está instalado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, poderase visitar ata o ó 8 de xaneiro de 2023.

Trátase dun Belén con figuras de diferentes tamaños  e no que se narran diferentes escenas e aparecen diferentes personaxes relacionadas co Nacemento do neno Xesús: a Anunciación, pedindo pousada en Belén, o propio Nacemento, a visita dos Reis Magos a cabalo e dos pastores, o empadroamento, a fuxida a Exipto, comerciantes, soldados romanos, etc. Tamén conta con toda clase de edificacións tales como o castelo de Herodes, a pousada, o forno, a ferrería, ou o propio Portal do Nacemento.

A montaxe ideada por J. Antonio Dávila ten efectos lumínicos que simulan o día e a noite, así coma fontes e unha fervenza de auga.

O Alcalde e o seu Equipo de Goberno convidan a todos os monfortinos e monfortinas a visitar e disfrutar deste Belén, que se inclúe dentro do Programa de Nadal de Monforte.