Monforte de Lemos, 8 de decembro de 2022. O Concello de Monforte abrirá as portas, este sábado 10 de decembro, do Mercado de Nadal- Circuítos de Artesanía e Música Galega, unha proposta de animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais para todos os públicos, á vez que se potencia o comercio e a artesanía.
A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, destaca que “o noso obxectivo dende o Equipo de Goberno con este Mercado de Nadal é a dinamización comercial e artesanal nestas datas, que engade ademais unha oferta de ocio e dinamización comercial das rúas monfortinas”.
A actividade encádrase no proxecto “Circuítos de artesanía e música galega” que o Concello organiza co financiamento do programa Territorio Cultura, ó amparo dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resilencia do Regulamento (UE)2021/241, concedido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.
Mercado de Nadal de Monforte
Deste xeito, O Mercado de Nadal de Monforte, celebrarase durante tres fins de semana consecutivas neste mes de decembro, concretamente os días, 10, 11, 17, 18, 23 e 24. Para elo o Concello decorará e ambientará as instalacións da Praza de Abastos, lugar en que se ubicará este Mercado de Nadal, converténdoa nun escenario navideño, cheo de luces e decorados propios destas datas, para o disfrute dos visitantes ó Mercado.
Os sábados 10 e 17, e o venres 23 de decembro, os horarios de apertura do Mercado de Nadal serán de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. Os domingos 11 e 18, e o sábado 24, abrirá en horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas.
No Mercado de Nadal, o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns e artesás de olería, complementos, cosmética natural, madeira, bixutería, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abanico de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade.
Da mesma maneira, ó longo das tres fins de semana, rotarán os postos de venda do Mercado de Nadal, non sendo sempre os mesmos.
Todos os días do mercado haberá entre as 12:00 e a 13:00 actividades diversas para todos os públicos: contacontos, espectáculos de maxia e cantos de Nadal. Pola tarde, desenvolvoveranse obradoiros con diversos artesáns e artesás, así coma demostracións artesanais a cargo dos oleiros Elías González e Tomás Lopez.
A última fin de semana, na que o Mercado de Nadal se celebrará o venres 23 e o sábado 24, o día 23 terá lugar a visita da Apalpadora e o 24 a do Apalpador.
Tamén pola tarde do venres 23, as 19:00 horas actuará na Praza de Abastos a Asociación Cultural Amigos da Pandereita.
“Dende o Concello”, subliñou Gloria Prada, “animamos a todos os monfortinos e ás persoas que nos visiten estes días, que acudan ó noso Mercado de Madal, que aposten por comprar no comercio local e disfruten da nosa hostalería, e que participen neste completo programa de actividades que desenvolveremos na Praza de Abastos e na rúa do Cardenal”.
Actuacións na rúa do Cardenal para animar ó comercio e á hostalería
Cada fin de semana, e como complemento a este Mercado de Nadal, terá lugar a actuación diversos grupos musical nun escenario ubicado na rúa Cardenal, que animarán ás rúas comerciais e os negocios de hostalería.
O sábado 11, a partir das 20:30 horas, o grupo Dixie Kings sairá dende a praza de Abastos, para percorrer diferentes rúas e finalizar no escenario da rúa do Cardenal, no que, sobre as 21:15 horas fará a súa actuación navideña.
O sábado 17, tamén as 20:30 horas no escenario navideño da rúa Cardenal fará a súa actuación o grupo monfortino Malenne. E xa por último, o venres 23 as 20:30 actuarán Galifunk.
Este Mercado de Nadal é realizado dentro do proxecto “Circuítos de artesanía e música galega” que o Concello organiza co financiamento do programa Territorio Cultura, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resilencia do Regulamento (UE)2021/241 concedido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia
Programa completo de actividades
Sábado 10 de decembro (10:00 a 14:00 – 17:00 a 20:30)
12:00 h.- Espectáculo de Ángeles Goás “Un saco de contos”.
18:00 h.- Obradoiro artesanal para nenos e nenas.
20:30 h.- Concerto Navideño Dixie Kings, pasarúas e actuación na rúa Cardenal ás 21:00 horas.
Domingo 11 de decembro (11:00 a 14:00)
12:00 h.- Espectáculo Maxia Familiar co Mago Deimi.
Sábado 17 de decembro (10:00 a 14:00 – 17:00 a 20:30)
12:00 h.- Contacontos de Nadal Cesar No.
18:00 h.- Demostración Olería de Gundivós Elías González.
20:30 h.- Actuación musical na rúa Cardenal a cargo de Malenne.
Domingo 18 de decembro (11:00 a 14:00)
12:00 h.- Cantos de Nadal do cantautor Emilio Rúa.
12:30 h.- Demostración Olería de Gundivós Elias González.
Venres 23 de decembro (10:00 a 14:00 – 17:00 a 20:30)
13:00 h.- “A Apalpadora”, espectáculo musical infantil.
18:00 h.- Obradoiro artesanal para nenos e nenas.
19:00 h.- Actuación de Nadal Asociación Cultural Amigos da Pandereita.
20:30 h.- Actuación musical na rúa Cardenal de Galifunk.
Sábado 24 de decembro (11:00 a 14:00)
11:00 h.- Obradoiro de Olería Tradicional para nenos e nenas coa artesá Otilia Arias.
12:00 h.- Demostración Olería Tradicional RS., co artesán Tomás López.
13:00 h.- Visita de O Apalpador.
Relación de admitidos/as com postos de venta no Mercado de Nadal de Monforte 2022:
Participantes admitidos Mercado Nadal 2022