O Concello acolleu a celebración da Mesa de coordinación para a mellora de atención a vítimas de violencia de xénero

Monforte de Lemos, 19 de decembro de 2022. O Concello de Monforte acolleu o pasado venres 16 de decembro, dende as 9:30 horas e no Salón de Actos do Centro Cívico Social, unha nova sesión da Mesa de coordinación para a mellora de atención a vítimas de violencia de xénero da comarca de Lemos, a cal foi presentada pola Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

Esta mesa foi constituída no ano 2009 dende a Concellería de Muller e Igualdade a través do Centro de Información á Muller, coa finalidade de garantir, fomentar e implementar accións e formulas preventivas xunto a unha atención de calidade para as vítimas.

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a comarca de Lemos que pertencen ás distintas áreas de intervención, como son os ámbitos social, educativo, sanitario, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, administración de xustiza e Colexio de Avogados de Lugo.

A implicación dos profesionais de todos estes eidos é debida a que neste materia, a coordinación supón un aspecto esencial da intervención, posto que debe partirse dunha intervención global e integral, e esta só é posible coa estreita colaboración entre ditos profesionais.

Todas as reunións da Mesa de traballo inícianse cunha sesión formativa en materia de violencia de xénero, que nesta ocasión versou sobre “Detección e identificación da violencia sexual”, a cargo de Carmen Ruiz Repullo, profesora da Área de Socioloxía da Universidade de Jaén .

O remate da formación, as persoas representantes de cada ámbito que conforman a Mesa, continuaron traballando os puntos marcados na orde do día ca finalidade última, de mellorar a atención integral que precisa a problemática da violencia de xénero.