O Concello lamenta as declaracións irresponsables e irrespectuosas da voceira do PP en relación coa Fundación Foggia

Monforte de Lemos, 2 de maio de 2022. O Concello de Monforte de Lemos lamenta as declaracións irresponsables e irrespectuosas da sra. Concelleira e Voceira do Partido Popular, Dª Katy Varela, que como ven sendo costume, fai afirmacións dende o descoñecemento, o que a leva a incorrer en falsidades de xeito permanente.

En relación coas manifestacións que a sra. Varela fixo sobre o acordo tomado no último Pleno da Corporación Municipal, celebrado o pasado 25 de abril, para deixar sen efecto a constitución da Fundación Foggia, cabe dicir que o Alcalde, José Tomé Roca, tiña razón cando manifestaba a posibilidade que que algún familiar lonxano da Sra. Foggia reclamase a herdanza, “aínda que non sabemos a ciencia certa si esta garda relación coa negativa do sr. Albacea de elevar a escritura pública a Fundación, tal e como fora aprobado polo en abril de 2022”.

Pois ben, as sospeitas manifestadas polo Alcalde de Monforte no citado Pleno, xa se cumpliron, dado que o día 29 de abril, 4 días despois da celebración do Pleno, tivo entrada no Rexistro do Concello de Monforte un escrito dun familiar “en cuarto grado de Lucrecia Foggia Vázquez”, no que aquel indica ó Concello que “manifiesto que si la ley lo permite y ante las discrepancias del Sr. Cela, albacea designado por mi prima con ese Concello, voy a reclamar la herencia que me pueda corresponder por medio de letrados que se designarán en su momento a partir del año 2026”.

Á vista do que acontece, a Sra. Voceira do Partido Popular, Dª Katy Varela, debería pedir desculpas ós monfortinos e monfortinas e debería pedir perdón ó Sr. Secretario do Concello, polas acusacións que verteu contra a súa profesionalidade.