Monforte de Lemos, 9 de marzo de 2022. O Concello de Monforte sumouse hoxe ós actos en solidariedade co pobo ucraíno, convocados en toda España pola Federación Española de Municipios e Provincias, a través dunha concentración silenciosa de 5 minutos, que tivo lugar ás 12 horas na praza do Concello.
Neste acto o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, estivo acompañado por diversos membros da Corporación Municipal, así como gran parte dos traballadores do Concello.
Do mesmo xeito, tamén se achegaron ata a praza do Concello multitude de veciños e veciñas da cidade para amosar a súa repulsa pola guerra que está tendo lugar en Ucraína.
“Con este acto, dende o Concello queremos trasladar o noso apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucraína”, salientou o Alcalde.