Monforte de Lemos, 11 de maio de 2022. O Concello de Monforte iluminará mañá, xoves 12 de maio, pola tarde-noite a Torre da Homenaxe de cor azul con motivo do Día Internacional da Enfermaría.
O Día Internacional da Enfermaría celébrase o 12 de maio en todo o mundo con ocasión do aniversario do nacemento de Florence Nightingale.
A campaña deste ano céntrase no lema “Enfermería: Una voz para liderar – Invertir en enfermería y respectar los derechos para garantizar la salud global”.
O Alcalde, José Tomé Roca, sinala que ““dende o Concello sumámonos a esta conmemoración para recoñecer a labor esencial das nosas enfermeiras e dos nosos enfermeiros, porque debemos recoñecer e aplaudir o seu traballo non só mañá senón todos os días do ano”.
O Consello Internacional de Enfermeiras (CIE) traballa en campañas que promoven e comparten mensaxes claves sobre temas de particular interese para a enfermaría; neste caso, insisten na importancia da produción e da distribución dos recursos destinados a este importante colectivo sanitario.