O Concello celebra mañá un novidoso concerto para bebés, dentro da programación de Nadal

Monforte de Lemos, 26 de decembro de 2022. Unha das actividades máis novidosas que o Equipo de Goberno do Concello de Monforte incluíu na Programación deste Nadal 2022-2023, é a que se celebrará mañá 27 de decembro.

Trátase un concerto sensorial para bebés de 0 a 3 anos titulado “Son no berce”, que correrá a cargo de Cristina Collazo (A Cova das Letras), e que se celebrará o martes 27 decembro, con dúas sesións, ás 17:00 e 17:30 h, no Edificio Multiusos.

É un espectáculo gratuíto, pero para participar nel haberá que inscribirse previamente no 982404404.

Esta actividade organizada polo Concello de Monforte, e está incluída dentro da programación da Rede Galega de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia de 2022, no programa “Nadal na Rede”.

Con estes concertos, o Concello segue a programar para este Nadal actividades para todos os públicos, e tendo en conta todas as idades, neste caso, bebés de atras 3 anos de idade.