O Concello informa dun corte no subministro da auga na rúa Vivendas Caixa de Aforros por obras de mellora na acometida, este mércores 21 de setembro

Monforte de Lemos, 20 de setembro de 2022. O Concello de Monforte informa que este mércores 21 de setembro levarase a cabo un corte no subministro de auga na rúa Vivendas Caixa de Aforros, para levar a cabo obras cuxo obxectivo é levar a cabo unha mellora na rede de abastecemento municipal en dita zona.

Este corte no subministro de auga afectará a toda a Estrada de A Vide, á rúa Vigo, e a todas as rúas colindantes con estas dúas.

O corte levarase a cabo pola mañá dende as 9:00 ata as 14:00, aproximadamente.

Deste xeito, o Concello segue traballando para a mellora do servizo de subministro de auga de Monforte, agradece a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.