O Concello informa que mañá venres cortará ó tráfico a Ponte Vella para a retirada de ramas e troncos acumulados nos seus piares

Monforte de Lemos, 22 de decembro de 2022. O Concello de Monforte, informa de que mañá venres, 23 de decembro, procederá a cortar o tráfico de peóns e de vehículos pola Ponte Vella a partir das 9:00 h.

O motivo é acometer a retirada de ramas e troncos arrastrados pola corrente, debido á choiva dos últimos días, restos que se foron acumulando nos piares da Ponte Medieval. Os traballos de retirada serán levados a cabo pola Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello.

Ó corte ó tráfico de vehículos e peóns da Ponte, que será levado a cabo pola Policía Local, manterase mentres duren estes traballos de limpeza.