O Concello recorda que este xoves remata o prazo para anotarse no Concurso de comparsas e disfraces do Martes de Entroido de Monforte

Monforte de Lemos, 22 de febreiro de 2022. O Concello de Monforte recorda que este xoves 24 de febreiro ás 14 horas remata o prazo para anotarse no Concurso de comparsas e disfraces do Martes de Entroido, e poder optar así a gañar algún dos premios deste concurso.

Para elo, será necesario presentar a correspondente documentación no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica do mesmo.

O Concello establece dúas modalidades claramente diferenciadas: unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte e outra para disfraces e comparsas de fóra da cidade.

A diferenza estará na contía dos premios, de tal xeito que o primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes pode chegar ós 1.100 euros e no caso das que sexan de fóra ascenderá a 400 euros.

Por outra parte, haberá premios de 125 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escena e a mellor música en vivo, mellor humor e mellor crítica de actualidade.

O desfile de comparsas e disfraces comezará o 1 de marzo ás 17:00 h na praza da Estación.

A relación completa de premios é a seguinte:

COMPARSAS E DISFRACES DE MONFORTE:

Comparsas de máis de 90 compoñentes

1º- 1.100 euros

2º- 700 euros

3º- 500 euros

Comparsas entre 51 e 90 compoñentes

1º- 500 euros

2º- 350 euros

3º- 200 euros

 

Comparsas entre 25 e 50 compoñentes

1º- 400 euros

2º- 250 euros

3º- 200 euros

 

Comparsas entre 4 e 24 compoñentes

1º- 250 euros

2º- 200 euros

3º- 150 euros

 

Individual Adultos de 1 a 3 compoñentes

1º- 125 euros

2º- 100 euros

3º- 75 euros

 

Premios de 125 euros a:

  • Mellor comparsa tradicional
  • Mellor posta en escea
  • Mellor crítica de actualidade
  • Mellor humor
  • Mellor música en vivo

 

Premios ás carrozas

1º- 400 euros

2º- 200 euros

3º- 150 euros

 

Accésits

  • Comparsas con máis de 90 compoñentes: 250 euros
  • Comparsas de 51 a 90 compoñentes: 130 euros
  • Comparsas de 25 a 50 compoñentes: 100 euros
  • Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 100 euros
  • Comparsas infantís: 40 euros
  • Individual adulto: 40 euros
  • Individual infantil: 40 euros
  • Ás carrozas: 70 euros

 

Individual infantil de 1 a 3 compoñentes

1º- 100 euros

2º- 75 euros

3º- 60 euros

 

Comparsas infantís de 4 compoñentes en diante

1º- 225 euros

2º- 130 euros

3º- 75 euros

 

*Os premios das categorías infantís serán en material didáctico ou deportivo.

 

COMPARSAS E DISFRACES DE FORA DE MONFORTE:

Comparsas de 1 a 3 compoñentes

1º- 125 euros

2º- 100 euros

3º- 75 euros

 

Comparsas de 4 a 24 compoñentes

1º- 250 euros

2º- 200 euros

3º- 150 euros

 

Comparsas de máis de 25 compoñentes

1º- 400 euros

2º- 250 euros

3º- 200 euros