O Concello de Monforte destaca o éxito do Concurso dos Maios 2022, coa participación de 15 obras

Monforte de Lemos, 05 de maio de 2022. O Concello de Monforte de Lemos recuperou na xornada de hoxe o tradicional concurso dos Maios, que se concentraron na praza de España a partir das 17:30 horas, logo de percorrer diversas rúas da cidade.

Recibidos pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, foron finalmente 15 os participantes que aportaron as súas obras nesta tradicional festa, na que non faltou tampouco o canto de coplas, a cargo dos alumnos e profesores do CEIP A Gándara.

Como xa indicara hai uns días o Alcalde, José Tomé Roca, este ano no que se recuperou este tradicional concurso destinouse un premio de 75€ para cada un dos participantes.  “O obxectivo era animar á participación e logo de contar con 15 inscritos podemos dicir que o obxectivo que nos marcamos foi acadado con éxito”.

Nesta edición dos Maios 2022, o Concello de Monforte repartiu 1.125 euros en premios.

 

Concursantes

Os 15 concursantes nos Maios 2022 de Monforte foron:

  • Sandra Martín Garzón
  • María Abel Garzón Ramos
  • Ángel Rodríguez Rodríguez
  • Asociación Albores Saúde Mental
  • Fundación Educativa Torre de Lemos
  • Sabela López Mariño
  • Antía López Mariño
  • CEIP A Gándara con “Regando o noso horto“
  • Brais Rodríguez Ferrer
  • Ana Buján Eiriz
  • Colexio Pr. Ferroviario con “A bruxiña da sorte”
  • Lourdes García González
  • Enzo González Gómez con “O avión de Enzo e Tai”
  • Mateo Lago Expósito
  • Asociación AGORA

Os aboamentos dos premios, 75€ a cada participante, serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular. Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.