Monforte de Lemos, 13 de abril de 2022. O Concello de Monforte súmase hoxe mércores día 13 de abril ós actos conmemorativos do Día da concienciación da Sarcoidose, unha enfermidade multisistémica de carácter inmunolóxico e etioloxía descoñecida, que pode afectar a calquera órgano.
Para elo, como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que na noite do mércores 13 ó xoves 14 de abril, o Concello procederá á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor morado.
A sarcoidose é unha enfermidade que actúa coma unha resposta anómala ás defensas do organismo, atacando zonas que están sás mediante acumulación de granulomas so caseificantes no tecido afectado.
A implicación de máis dun órgano (sendo o pulmón un dos máis comúns) e o distinto desenvolvemento da enfermidade en cada paciente, fai que practicamente non se dean dous caso iguais. O misterio deste comportamento inmunolóxico é un misterio dende o seu descubrimento en 1877.
A sarcoidose non ten cura, e pode chegar a ser incapacitante para a actividade laboral, aínda que son moitos os casos nos que o suxeito consegue levar unha vida normal e compatible co traballo, e moito máis nos casos en que a enfermidade remite espontaneamente.
A enfermidade dáse máis en mulleres que homes, e máis en adultos entre 20 e 40 anos. En Europa estímase unha media de 15 afectados por cada 100.000 habitantes; en España a porcentaxe é menor, de 1 a 4 por cada 100.000 habitantes.
Por todo elo “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa, respondendo ó chamamento de ANES, Asociación Nacional Enfermos de Sarcoidose, e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de morado a Torre da Homenaxe, para facer visible esta doenza”.