O Alcalde preside a homenaxe de AMAFER ós 14 ferroviarios xubilados de Monforte en 2022

Monforte de Lemos, 7 de setembro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu na tarde de hoxe a homenaxe que a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER) e o Concello de Monforte organizaron no Colexio Ferroviario, para recoñecer a labor de 14 ferroviarios monfortinos.

No acto, o rexedor monfortino estivo acompañado polo presidente da Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), Fermín Avellaneda, o Xerente de RENFE en Galicia, Javier Pérez, o Xefe da área de Recursos Humanos del Noroeste de ADIF, Xoaquín Martínez e a Directora do Colexio Ferroviario, Ényd Fernández. Ademais, tamén estivo presente a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, así coma outros membros da Corporación Municipal.

Este merecido recoñecemento outórgase a aquelas persoas que traballaron no ferrocarril en Monforte, e que superen os 70 anos de idade. Nesta ocasión, foron 14 os homenaxeados.

Neste senso, o Alcalde sinalou que “algúns de vostedes son xubilados de RENFE, outros de ADIF, e sei que algún xubilouse no que era a antiga RENFE. Unha vida que en moitos casos supera os 40 ou os 50 anos de adicación o ferrocarril. A todos vostedes, noraboa pola súa xubilación e grazas polo seu traballo desenvolto a prol do ferrocarril en Monforte”.

José Tomé tamén destacou a importancia que o tren ten e tivo para a cidade: “Dende 1883, a historia de Monforte e a historia do ferrocarril, estiveron intimamente unidas.  De feito, eu diría que hoxe é difícil entender a nosa cidade sen o ferrocarril, pero tamén é difícil entender o ferrocarril en Galicia sen todo o que lle aportou Monforte”.

O recoñecemento expreso do Alcalde ós traballadores homenaxeados materiazouse cando salientou que “como xubilados, son xa a memoria viva daqueles esplendorosos anos, nos que o núcleo ferroviario da cidade do Cabe chegou albergar milleiros de traballadores, dende o século XIX”, ós que lles agradeceu “o traballo que desenvolveron durante a súa vida, porque esta cidade de Monforte construíuse co esforzo de todos vostedes”.

 

Monforte, cidade de referencia do ferrocarril en Galicia

O rexedor municipal tamén aproveitou esta homenaxe para destacar que “a nosa cidade ten a obriga de seguir xogando un papel principal no desenvolvemento do ferrocarril en Galicia, no que se refire ó transporte de persoas, pero sobre todo, na loxística e no transporte de mercadorías polos camiños de ferro”.

“A recente chegada do AVE ata Ourense”, engadiu José Tomé “supón un fito histórico para a nosa comunidade, un fito que foi posible grazas ó esforzo dun goberno presidido por Pedro Sánchez, tras un parón de 8 anos. Pero aínda temos que seguir mellorando e pelexando polos intereses de Monforte e da provincia de Lugo, para acadar unha mellor interconexión, máis eficaz e útil para os nosos cidadáns e os nosos empresarios, que afortunadamente xa está en obras”.

O Alcalde tamén resaltou os recentes investimentos do Estado no ferrocarril na provincia de Lugo, que suporán melloras na súa electrificación, supresión de pasos a nivel e avances nas conexións que permitirán unha chegada máis rápida a Madrid e ó resto de España.

“Por iso”, concluíu o Alcalde, “dende todas as institución debemos seguir traballando a prol do noso ferrocarril, do ferrocarril galego, porque é un dos nosos elementos vertebradores máis importantes e que, polo tanto, debe ter garantido o seu futuro”.

Homenaxe a 14 ferroviarios xubilados en 2022

Tras as verbas do Alcalde, os membros da mesa presidencial procederon á entrega das placas conmemorativas ós 14 protagonistas da xornada.

Os 14 homenaxeados no acto de hoxe foron Antonio Varela Álvarez, Jesús Buján Álvarez, Ramón González Álvarez, Julio Rodríguez Calzada, Emilio González Rodríguez, Abel Bello Guitián, Pablo Antonio González Quiroga, José Álvarez Ovalle, Pedro Rodríguez Buján, Ramón Rodríguez Buján, José Manuel Rodríguez Pérez, José Díaz Rey, Manuel Vázquez Casanova e Manuel Gesto Luaces.

A Asociación tamén recoñeceu a labor de diversos colaboradores de AMAFER, entre os que incluíu ó pripio Alcalde monfortino e Presidente