O XXII Festival de Habaneras Concello de Monforte encherá de música a praza de España este sábado 2 de setembro

Monforte de Lemos, 31 de agosto de 2023. O Concello de Monforte, dentro do programa do Verán Cultural, celebra o Festival de Habaneras Concello de Monforte, que este ano alcanza a súa 22ª edición.

Así, a praza de España acolle este sábado 2 de setembro ás 21:00 horas a celebración dunha das citas clásica do verán musical monfortino, o Festival de Habaneras, que está organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, e que conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos.

O Festival de Habaneras alcanza as 22 edicións avalado polo éxito de público das citas de anos anteriores e, fundamentalmente, pola calidade dos grupos que participan en cada un dos certames.

O cartel deste ano está conformado por dúas corais de contrastado prestixio, as que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte: á Coral Polifónica Estradense e o Coro de la Bodega de Candás (Asturias).

 

O Coro de la Bodega de Candás (Asturias) constitúese no mes de abril do ano 2013. Nace por iniciativa de J. Ramón González Muñiz. O nome de “Coro de la Bodega” ponse como homenaxe ás persoas traballadoras nas fábricas de conserva, popularmente coñecidas, en Candás, como Bodegas.

A súa presentación en público faise o 14 de setembro de 2013, festividade do Stmo. Cristo de Candás, cun concerto na praza da Baragaña. As cancións interpretadas nesta ocasión, foron temas populares de Candás. Para as seguintes actuacións xa se prepararon habaneras a catro voces: Yo quiero ser Marinero; La golondrina, La playa del querer, etc. Hoxe en día teñen un amplo repertorio de polifonía de varias épocas e estilos.

Desde a súa fundación, o “Coro de la Bodega” realizou 128 actuacións.

 

A Coral Polifónica Estradense nace no ano 1996 baixo a dirección de Xabier Comesaña Pereira e fai a súa presentación en xullo do 1997. A partir  desa data comeza a ofrecer concertos por toda a xeografía galega destacando pola súa progresión técnica e a variedade do seu repertorio.

Hai que resaltar a participación en programas de radio e televisión galegas, actuando recentemente nun programa especial da TVG, dedicado a Juan Pardo. Tamén foi seleccionada a participar en varias edicións do programa “Galicia Cantat” organizado polo IGAEM.

Participa en varias ocasións na misa en lembranza de Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval, facendo a súa última actuación o 25 de xullo do 2023. Colabora co Xacobeo 2004 ofrecendo varios concertos no veciño Portugal; actúa no Pazo da Unesco, en París con motivo dun encontro internacional de canto coral. Realiza unha xira por Europa actuando en Xenebra e participando tamén nun festival coral en Praga, compartindo escenario con corais alemanas, italianas, irlandesas, suízas, checas e francesas. Con motivo do centenario da estrea do himno galego, viaxa a La habana e actúa no Centro Galego e en diversas asociacións galegas e institucións cubanas.

En lembranza desta visitas, Xabier Constanza compón una habanera en galego “Cen anos hai” con letra de Xosé Mª Lema, compoñente da coral.

Ten editados catro CDs. con acompañamento da Coral Polifónica de Soutomaior e a Banda de Música Municipal da Estrada.

A actividade musical da Coral Polifónica Estradense non se reduce aos concertos “a capela “. Co acompañamento da Coral de Soutomaior e o pianista Alejo Amoedo, xunto co contrabaixista Ángel Vidal, ofrece periódicos espectáculos de ópera e zarzuela .

Na actualidade conta con 30 compoñentes e  seu director é Xabier Comesaña Pereira

 

A Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos, fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas. O seu repertorio inclúe música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas…Ten no seu haber numerosas actuacións a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional.

Na nosa comunidade a coral polifónica de Monforte actuou en Ribadeo, Cee, Marín, Ourense, Pontedeume, O Grove, Mondoñedo, Lugo, Vigo, Pontevedra, etc...Así como en distintas partes do Estado como en León, Zamora e en varias localidades Asturianas como Cudillero, Villaviciosa, Mieres, La Felguera, etc..

Destacan a nivel internacional actuacións en Martigni (Suiza), Rennes (Francia), Cerdeña, Bolzano e Padua (Italia), Gotha (Alemania), Helsibor (Suecia), Oporto e Guimaraes (Portugal).

No ano 1999 gravou un CD de polifonía variada.

A dirección da coral corre a cargo de Fernando Sanmartino Pérez. Formouse musicalmente nos conservatorios de Ourense, A Coruña e Santiago. Foi director da Coral de Samos. Na actualidade compaxina a dirección da Coral coa de director do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos.

 

Programa do XXII Festival de Habaneras de Monforte.

Coro de la Bodega de Candás  

Dicen que dicen, J.García Román.

La golondrina, armonización José Pagán.

Blancas como palomas, armonización Luis Aramburu.

Renaces tú, Arturo Duo Vital.

El sabor de una habanera, Armando Bernabeu.

 

Coral Polifónica Estradense

Barcarola, Arrieta.

Melodías antillanas, letra: Mª Paz Andreu, música: Armando Bernabeu.

El sabor de una habanera, letra: Mª Teresa Lorenzo, música: Armando Bernabeu.

Las cuatro palomas, Ignacio Peñeiro.

Jardín de ensueño, F.A. Rey Rivero.

 

Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos

La hamaca, J. Trayter.

A tí María Luisa, Victor Fernández Nogueiras.

Yo te diré, música: J. Halpern, arreglos: José Blasco, letra: Enrique Llovet.

Torrevieja de mis amores, Manuel Díaz Cano.

Habanera “Don Gil de Alcalá”, Manuel Penella.

 

DESCARGA O PROGRAMA EN:

Programa XXII Festival de Habaneras de Monforte 1

Programa XXII Festival de Habaneras de Monforte 2