Monforte, 6 de agosto de 2023. Como en anos anteriores, a Sociedade Val de Lemos organizou o concurso de pesca que da inicio ás actividades das Festas Patronais de Monforte, contando coa colaboración do Concello. O concurso desenrolouse dende as 10:00h da mañá ata as 13:00h na presa de Vilasouto e participaron 13 rapaces de entre 7 e 17 anos que capturararon 25 pezas durante o transcurso do concurso.
De volta en Monforte, a Tenente Alcalde e o Concelleiro de Deportes, entregaron os trofeos e os diplomas de participación, a todos os concursantes, que disfrutaron dunha nova edición desta actividade, que a Sociedade Val de Lemos, organiza, co propósito de achegar aos rapaces e rapazas a entornos naturais para desfrutar de actividades diferentes ás rutinarias.