- Este luns día 24 de abril O Concello de Monforte abriu o prazo de inscrición para matricularse no curso do IV Ciclo da USC para maiores, que se vai a celebrar no mes de maio.
- Este é un programa de formación específico para alumnos e alumnas de mais de 50 anos con independencia do seu nivel educativo previo, co que a USC pretende posibilitar que as persoas maiores compartan procesos formativos e de extensión cultural.
Monforte de Lemos, 26 de abril de 2023. O luns, día 24, abriuse o prazo de inscrición para matricularse no programa universitario de maiores que a USC vai desenrolar durante o mes de maio no Concello de Monforte. Con él a Universidade de Santiago de Compostela pretende impartir cursos formativos para adultos maiores de 50 anos con inquietudes pola aprendizaxe e difundir o coñecemento científico e artístico das comarcas que colaboran no proxecto.
A metodoloxía é de corte participativa e aberta, onde os docentes universitarios desenvolven dúas sesións de docencia, unha teórica (onde se pretende favorecer o dialogo e participación dos asistentes) e unha práctica cunha actividade de visita guiada, obradoiro...; sendo unhas sesións de corte humanístico e outras de carácter científico.
A información e matrícula, que é gratuíta poderase facer na Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos en horario de 9:00-13:30 da mañá e de 16:00- 18:00 h en horario de tarde. En canto ao lugar de celebración dos seminarios será no Centro Cívico e Social, no paseo do malecón e para a asistencia aos mesmos é preciso inscribirse previamente.
O calendario de seminarios distribúese do modo seguinte:
10/05/2023 16:30-18:00h
Seminario: A fauna na paisaxe.
Dna. Teresa Rodríguez López. Profa. Titular da Facultade de Veterinaria e Coordinadora no Campus de Lugo do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC
11/05/2023 16:30-18:00h
Sesión práctica: A fauna na paisaxe / saída por determinar.
Dna. Teresa Rodríguez López. Profa. Titular da Facultade de Veterinaria e Coordinadora no Campus de Lugo do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC
12/05/2023 16:30-18:00h
Seminario: A delincuencia común en Lugo durante o franquismo.
Dna. Tamara López Fernández. Docente da Facultade de Humanidades e do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO
15/05/2023 16:30-18:00h
Seminario: Enfrontándonos á soidade non desexada.
Dna. Cristina Ruibal Barreira. Traballadora Social. Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC
16/05/2023 16:30-18:00h
Sesión práctica: Enfrontándonos á soidade non desexada.
Dna. Cristina Ruibal Barreira. Traballadora Social. Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC
18/05/2023 16:30-18:00h
Sesión práctica: análise da vida cotiá no franquismo a través de imaxes e memorias.
Dna. Tamara López Fernández. Docente da Facultade de Humanidades e do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO
O Alcalde de Monforte invita a todos os monfortinos e monfortinas a inscribirse nos distintos seminarios xa que considera que “é unha forma de desfrutar dunha oportunidade enriquecedora de ampliar coñecementos e tamén unha posibilidade de relacionarse, interactuar e compartir experiencias e inquietudes con outras persoas”.