O Alcalde acende o alumeado de Nadal de Monforte, que supera o millón de luces Led e un investimento de 52.000€

Monforte de Lemos, 1 de decembro de 2023. Na tarde de hoxe, ás 18:30 horas, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acendeu oficialmente a iluminación de Nadal 2023, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o  Concelleiro de Servizos, José Luís Losada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira  de Consumo, Regina López, e o concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz.

O acendido oficial tivo lugar na rúa do Cardenal, diante dun cono de 18 m. de alto (1 metro máis que en 2022) e 6 m. de diámetro a modo de árbore de Nadal co que, en verbas do Alcalde “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte, sobre todo nos nenos e nenas”. Durante o acendido das luces, tivo tamén lugar a actuación, de forma voluntaria e desinteresada, do grupo monfortino de bakucada Baturruka, que se desprazou dende a árbore da rúa do Cardenal ata a praza de España, onde está situado a Bola de Nadal, na que tamén se poden sacar fotos no seu interior.

O Equipo de Goberno investiu no alumeado de Nadal deste ano 52.000€, sendo a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, 2.000€ máis que en 2023, un 4% máis.

O Alcalde resalta que “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Para elo, superamos o millón de luces Led neste Nadal, e incrementamos o número de arcos colocados, que alcanzan os 260 arcos, distribuídos en 65 rúas da cidade”.

Ademais das 65 rúas iluminadas con arcos, tamén están adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte.

O alumeado funcionará ata o domingo 7 de xaneiro de 2024, permanecendo en servizo 38 días. O horario no que permanecerá encendido será de 18:30 a 2 da madrugada.

“O noso desexo dende o Concello”, subliñou José Tomé, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para dinamizar o Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que disfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería, aínda que non solo hai que pensar no consumo, senón que hai que pensar en ser felices”.

 

Principais atractivos da iluminación de Nadal

Unha das principais novidades é a continuidade da iluminación da Torre da Homenaxe, na que a través de proxectores exteriores, levaranse a cabo 4 proxeccións distintas, unha en cada cara da Torre, con máis intensidade de imaxe, e simulando a caída de copos de neve.

Instalouse un cono central na rúa do Cardeal, a modo de árbore de Nadal, de 18 metros de alto, 1 metro máis que en 2022, por 6 metros de diámetro, e na Praza de España ubicouse unha Bola de Nadal de 5 metros.

A árbore da rúa Cardeal e a bola da praza de España contan cun paso interior “para que a xente poida facerse fotos dende dentro e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte, sobre todo nos nenos e nenas”, subliña o Alcalde.

 

Máis dun millón de luces LED

José Tomé recorda que este ano o Concello conta con máis dun millón de luces LED para a iluminación de Nadal a través de arcos e motivos decorativos. O cableado que foi necesario para a instalación deste alumeado de Nadal alcanzou os 12.000 metros de cable trenzado.

Distribuíndo as luces por cada elemento luminoso, segundo os datos facilitados pola empresa que instalou as luces, son os seguintes:

  • Os 260 arcos terían 850.000 luces LED.
  • A árbore de Nadal do Cardenal, 20.000 luces LED.
  • A Bola de Nadal da praza de España, 70.000 luces LED.
  • O cedro xunto os Escolapios, 4.500 luces LED.
  • E nas árbores das prazas, 1.800 luces LED.

Se se suman as luces das proxeccións da Torre da Homenaxe, as dos 7 arcos de saúdos de “Bo Nadal” que hai ás entradas da cidade, e as da Casa Consistorial, supéranse o millón de luces LED, incrementando en máis de 50.000 as de 2022, o que supón un 5,2% máis.

“Isto supón que proporcionalmente un ano máis superamos a Vigo en número de luces por habitante: Vigo ten uns 300.000 habitantes e instalou 11,5 millóns de luces, polo que tocan a 38 luces LED por habitante; Monforte ten arredor 18.500 habitantes, polo que tocamos a 54 luces LED por monfortino” recorda José Tomé.

 

A maior inversión en alumeado de Nadal da historia de Monforte

“Dende o Concello investimos 2.000 euros máis no alumeado de Nadal de 2023 con respecto ó ano 2022, alcanzando os 52.000€, un 4% máis, a maior inversión en alumeado de Nadal da historia do Concello de Monforte, superando a cantidade destinada en 2022” salienta o Alcalde.

“Eu como Alcalde e o meu Equipo de Goberno, estamos impulsando o alumeado de Nadal, e asumindo o seu coste e instalación, tal e como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno municipal en 2015, para axudar ó comercio e á hostalería, que son pilares básicos da nosa economía.”

Deste xeito, supérase o número de arcos colocados en 2022 e tamén supérase a altura da árbore do Cardeal, chegando a 18 metros de altura.

Os arcos de Nadal son de luz LED, de baixo consumo e maior visibilidade, dando resposta a un alumeado máis intenso que coas luces convencionais.

Ademais das 65 rúas iluminadas con arcos, tamén están adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubicarán nas entradas á cidade de Monforte.

Tamén foi adornado coa Estrela de Nadal o cedro que se atopa entre a Praza das Casitas e a explanada da Compañía, “como unha guía que nos conduza cara a un ano novo mellor para todos”.

Para complementar o alumeado de Nadal, tamén funcionarán as fontes da cidade todos os días co mesmo horario que as luces de Nadal, de 6 e media da tarde (18:30 h.) ata as 2 da madrugada.

 

Iluminación de 65 rúas da cidade

Este ano son 65 rúas as iluminadas, engadíndose 1 con respecto a 2022, que é Aceña Nova con 1 arco.

O resto de rúas que contan con alumeado de Nadal son:

  • Blanco Amor: 2 arcos
  • Praza do Conde: 1 arco
  • Rúa Conde á altura do edificio Espinosa: 1 arco
  • San Lázaro: 3 arcos.
  • Valle Inclán: 7 arcos.
  • Corredoira: 7 arcos.
  • Malvarón: 3 arcos.
  • Estrella: 2 arcos.
  • Rosalía de Castro: 2 arcos.
  • López Suárez: 2 arcos.
  • Travesía Veiguiña: 4 arcos.
  • Fontecha: 2 arcos.
  • Tomás Vázquez: 2 arcos.
  • Benito Vicetto: 4 arcos.
  • Juan Montes: 5 arcos.
  • Reboredo: 4 arcos.
  • Duquesa de Alba: 4 arcos.
  • Carude: 4 arcos.
  • Roberto Baamonde: 15 arcos.
  • Morín: 10 arcos.
  • Hortas: 6 arcos.
  • Cardenal (peonil+zona de tráfico): 8 arcos.
  • Cardenal estreito: 3 arcos e ½.
  • Compañía: 10 arcos.
  • Calvo Sotelo: 15 arcos.
  • Doutor Casares: 8 arcos.
  • Doutor Casares estreito: 6 arcos e ½.
  • Ourense: 8 arcos.
  • San Pedro: 5 arcos.
  • Rúa Coruña: 4 arcos.
  • Avenida de Galicia: 15 arcos.
  • Rúa Chantada: 10 arcos.
  • Celso Emilio Ferreiro: 6 arcos.
  • Francisco Moure: 6 arcos.
  • Eduardo Pondal: 3 arcos.
  • Valle de Lemos: 2 arcos.
  • Molinos de Antero: 1 arco.
  • Germán Vázquez: 2 arcos.
  • Central: 1 arco.
  • Real: 4 arcos.
  • Inés de Castro: 4 arcos e ½.
  • Curros Enríquez: 2 arcos.
  • Pontevedra: 2 arcos.
  • Concepción Arenal: 2 arcos.
  • Praza da Estación: 2 arcos.
  • Río Seco: 2 arcos.
  • As Cruces: 3 arcos.
  • Abeledos: 5 arcos.
  • Santa Clara-Ramberde: 6 arcos e ½.
  • Casar: 2 arcos.
  • Ferrol: 1 arco.
  • Santiago: 1 arco.
  • Covas: 3 arcos.
  • Hermida Balado: 3 arcos e ½.
  • Doutor Goyanes: 2 arcos.
  • Doutor Teixeiro: 7 arcos e ½.
  • Comercio: 3 arcos e ½.
  • Paseo de Lugo: 3 arcos.
  • Dalmiro de la Válgoma: 2 arcos.
  • Pinguela: 2 arcos.
  • Sarria: 3 arcos.
  • Lois Pereiro: 2 arcos.
  • Otero Pedrayo: 3 arcos.
  • Julio Camba: 2 arcos e ½

 

“O desexo do Concello” concluíu o Alcalde, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para animar á xente a saír á rúa, a mercar no comercio local, que anime e que alegre a vida dos nosos veciños e veciñas”.