O Concello abre mañá mércores 13 o prazo de inscrición para o curso 2023-24 nas Escolas Municipais de Música e de Danza de Monforte

Monforte de Lemos, 12 de setembro de 2023. O Concello de Monforte anuncia que a partir do mañá mércores 13 de setembro abrirá o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza de dito Concello para o curso 2023/24.

As clases darán comezo o luns día 18 de setembro de 2023 e rematarán o venres día 14 de xuño de 2024.

 

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas.  Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no apartado “Meus trámites” neste enlace.

 

Especialidades musicais ofertadas:

As especialidades que se ofertan en música a partir dos 6 anos (agás música e movemento):

  • Música e Movemento: nenos entre 4 e 5 anos.
  • Percusión: batería e percusión.
  • Percusión galega: pandeireta, tamboril, bombo e pandeiro.
  • Teclado
  • Acordeón
  • Violín
  • Guitarra española e Guitarra eléctrica
  • Gaita, Clarinete e Frauta traveseira
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Bombardino e Tuba.

En música, a ensinanza instrumental completarase con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.

 

ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas. Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no apartado “Meus trámites” neste enlace.

 

Especialidades ofertadas en danza:

  • Danza tradicional galega: a partir de 5 anos.
  • Danza contemporánea / moderna: a partir de 9 anos.
  • Ballet clásico: a partir de 5 anos.

As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión..., atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe.

Do mesmo xeito, levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen.

Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza.

Dende o Concello de Monforte inténtase desta forma consolidar, con todas estas especialidades, unha oferta ampla e variada para a escola, tanto en música como en danza.