O Concello destina subvencións a 10 entidades monfortinas por un total de 51.000€

Monforte de Lemos, 25 de agosto de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que a Xunta de Goberno do Concello ven de aprobar o establecemento de convenios de colaboración con diversas entidades monfortinas, para establecer as condicións e compromisos aplicables ás subvencións de carácter nominativo concedidas a ditas entidades, e recollidas nos orzamentos municipais deste ano 2023.

En concreto, os convenios de colaboración asinaranse coas seguintes entidades, recollendo os seguintes importes.

  • Centro Comercial Urbano: 12.000 euros.
  • Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo: 2.500€.
  • Museo Casa de Muñecas: 2.000€.
  • Clarisas Centro Purísima Concepción: 3.000€.
  • Asociación Naufragos do Paradiso: 4.000€.
  • Asociación Festival Carude Rock: 4.000€.
  • Centro Cultural e Recreativo RENFE: 1.500€.
  • Fundación Colegio Nuestra Señora de La Antigua: 3.643,92€.

 

Na mesma Xunta de Goberno, tamén se aprobaron dúas subvencións de carácter excepcional. A destinada a obras de adecuación do edificio da sociedade Círculo Victoria, cun importe de 5.000€, e a destinada a obras de mellora na cancha de baloncesto da Casa de Escolas Pías de Monforte, con 13.310€.

“Son axudas que destinamos dende o Concello para entidades, relacionadas con eidos fundamentais no tecido empresarial e social de Monforte, como o do comercio, a hostalería, a música, a educación ou a cultura”, destaca o Alcalde, “e supoñen un volume de axudas que alcanza os 51.000 euros (50.953,92€)”.