O Concello de Monforte pon en marcha OS OBRADOIROS DE INICIACIÓN Á ARTESANÍA

Monforte de Lemos, 2 de marzo de 2023. O Concello de Monforte pon en marcha unha nova iniciativa para poñer en valor e dar a coñecer os oficios tradicionais coa intención de xerar  interese na poboación e fomentar que xurdan posibles novos artesáns, aprendendo disciplinas tradicionais da man dun profesional que domine a técnica.

Trátase dun atractivo programa de obradoiros de artesanía nos que os técnicos do sector artesán, poderán transmitir o seu arte e axudar a comunicar o valor engadido dos produtos de artesanía.

O desenrolo dos obradoiros terá lugar no Local social de Ribas Altas, de Piñeira e na Praza de Abastos de Monforte, dependendo do número de inscricións e demanda dos mesmos e os horarios poderán ser de mañá ( de 10 a 12:30) ou de tarde (de 16:30 a 19) segundo o número de inscritos e as preferencias que teñan os participantes. En todo caso, trataríase sempre de 2 ou 3 días á semana e dúas horas e media cada día de curso.

A data de inicio será a partir do 13 de marzo e as persoas interesadas teñen de prazo ata o 15 deste mesmo mes para poder inscribirse. Por outro lado, dende O Concello infórmase que se organizarán grupos en función das idades pero tamén interxeneracionais.

Se estás interesado en coñecer a ocupación de artesanía e queres aprender algo máis das seguintes disciplinas, Inscríbete nos Obradoiros artesanais do Concello de Monforte e constrúe ti mesmo/a os teus complementos para a Feira Medieval.

-    COSTURA CREATIVA

-    CESTERÍA

-    PINTURA

-    COSMÉTICA NATURAL

-    BARRO

Estos obradoiros son realizados ao abeiro do proxecto “Circuítos de artesanía e música galega” Programa Territorio Cultura, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resilencia do Regulamento (UE)2021/241. AGADIC.

As persoas interesadas deben contactar coa oficina: Promoción económica- Casitas Compañía Monforte. Para poder inscribirse poden chamar por teléfono aos números:  698181551/982884775 ou ben a través do correo electrónico coa dirección:  Emprego_pe@concellodemonforte.com

INSCRIPCIÓNS ATA O 15 DE MARZO